Director: Fernando Meirelles (2005)
(Rex. 2506)
A película comeza cunha morte sanguenta. Nunha zona desolada do norte de Kenya encontran o corpo de Tessa Quayle, unha das activistas humanitarias de maior enerxía e convicción, casada cun importante diplomático da embaixada británica. Tessa foi asasinada mentres viaxaba en compañía dun médico co que traballaba e todas as sospeitas inducen a que ela non era completamente sincera co seu marido Justin (Ralph Fiennes). As máis importantes personalidades do alto comisionado británico consolan ao seu colega, pero Justin non entende a causa da morte de Tessa e négase a aceptar que foi a vítima ao azar dun acto criminal. Ademais, o sentimento de que a súa muller lle ocultaba certos aspectos da súa vida, empúrrao a investigar pola súa conta. E aínda que as consecuencias das súas pescudas pronto se revelan perigosas, Justin está decidido a chegar ata o final.
Ficha técnica
Páxina oficial
Trailer
Guía didáctica
Baseada na novela "El jardinero fiel" de John Le Carré
Ningún comentario:
Publicar un comentario