"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



MATAHARIS

Directora: Icíar Bollaín (2007)
(Rex. 2505)

Historia de tres mulleres,Inés (María Vázquez), Eva (Najwa Nimri) e Carmen (Nuria González), que traballan nunha axencia de detectives madrileña. Eva, unha muller casada e con dous fillos, sospeita que o seu marido se ve cunha descoñecida, polo que decide seguilo. Este conduce ata Zaragoza, onde Eva descubrirá que lle ocultou un feito do pasado bastante importante, o que poñerá en perigo a relación matrimonial. Pola súa banda, Carmen descobre que a muller do seu cliente mantén unha relación co socio deste. Mentres asiste impasible ao desespero deste individuo, cuxo matrimonio fai augas, Carmen decátase de que ela mesma apenas se relaciona co seu marido, un tipo que pasa o día traballando cun portátil.


Ficha técnica

Páxina oficial

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas