"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA PEQUEÑA LOLA

Director: Bertrand Tavernier (2004)
(Rex. 2511)


Pierre e Géraldine son unha parella que desexa adoptar un bebé e decide emprender unha viaxe iniciática á fin do mundo, a un país castigado pola historia: Camboia. Para eles, iníciase unha aventura esgotadora e extraordinaria: rolda de visitas a orfanatos, enfrontamento coas autoridades francesas e camboxanas, ameazas de traficantes. Sen esquecer a desconfianza e a envexa, aínda que tamén a axuda mutua da pequena comunidade de futuros pais adoptivos que o azar reuniu. A través desta peregrinación, a parella enfróntase aos seus propios medos, aos seus egoísmos. A parella esgázase, reconstrúese e sae transformada para sempre.





Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas