Director: Dennis Gansel (2008)
(Rex. 2510)
En outono de 1967 Ron Jones, un profesor de historia dun instituto de Palo Alto en California, non tivo resposta para a pregunta dun dos seus alumnos: Como é posible que o pobo alemán alegue ignorancia ao masacre do pobo xudeu? Nese momento Jones decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituíu un réxime de extrema disciplina na súa clase, restrinxíndolles as súas liberdades e facéndoos formar en unidade. O nome deste movemento foi The Third Wave. Ante o asombro do profesor, os alumnos se entusiamaron ata tal punto que aos poucos días empezaron a espiarse uns a outros e a acosar aos que non querían unirse ao seu grupo. Ao quinto día Ron Jones viuse obrigado a rematar co experimento antes de que chegase máis lonxe.
Ficha técnica
Páxina oficial
Trailer
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario