"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LAS TORTUGAS TAMBIÉN VUELAN

Director: Bahman Ghobadi (2004)
(Rex. 2509)


Nun campo de refuxiados do Kurdistán iraquí, na fronteira entre Irán e Turquía, os seus habitantes buscan desesperadamente unha antena parabólica co fin de poder estar informados do inminente ataque americano sobre Iraq. Mentres tanto os nenos do campo, liderados por un espelido rapaz ao que chaman "Satélite", dedícanse a recoller minas antipersoa para logo vendelas. Pola súa banda, ao lugar chega un mozo mutilado de ambos os dous brazos, que vén doutro pobo coa súa irmá pequena e un neno que parece ser o fillo desta. Satélite quedará prendado da triste beleza da moza, mentres o irmán desta, o mutilado, ten un presentimento: a guerra achégase máis e máis.





Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas