(Rex. 2427)
Un pequeno pobo mexicano preto da fronteira cos Estados Unidos é asediado por unha banda de delincuentes, dirixidos polo sanguinario Calvera (Eli Walach), que lle quitan aos labradores o froito das súas colleitas. Os habitantes do pobo deciden pedir axuda a pistoleiros profesionais estadounidenses, xa que lles resulta máis barato que comprar armas. Á vista da paga reducida, acoden finalmente só sete homes, decididos a liberar o pobo desa praga: Chris Adams (Yul Brynner), o xefe dos sete, sempre decidido a todo, o seu amigo e axudante Vin (Steve McQueen), Bernardo O ´Reilly (Charles Bronson) un home forte e sentimental querido polos nenos, Britt (James Coburn), alcume "longo", hábil tanto con coitelo coma coa pistola, Chico (Horst Buchholz) un mozo que non acepta un non por resposta, Lee (Robert Vaughn), un home sensible ao igual que estraño, ao que poucas veces se lle ve utilizar arma algunha, segundo el, non debe nada a ninguén... agás a si mesmo e Harry Luck (Brad Dexter), un home non moi hábil co revólver, que acaba demostrando que ten un corazón valoroso cando se trata de axudar un amigo.
Baseada na película "Los siete samurais" de Akira Kurosawa
Ningún comentario:
Publicar un comentario