"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BOWLING FOR COLUMBINE

Director: Michael Moore (2002)
(Rex. 3285)



Aclamado documental que aborda o tema da alma violenta de América. Por que 11.000 persoas morren cada ano nos Estados Unidos vítimas das armas de fogo? As "cabezas faladoras" que berran dende cada pantalla televisiva bótanlle a culpa a todo, dende Satán aos videoxogos. Pero é tan diferente os Estados Unidos doutros países? Que é o que o diferencia doutros? Por que Estados Unidos se converteu en autor e vítima de tanta violencia? "Bowling for Columbine" non é unha película sobre o control da venda de armas, é unha película sobre o asustado corazón de Estados Unidos e os 280 millóns de norteamericanos felices de ter o dereito de posuír unha arma constitucionalmente protexida. Neste incisivo -cómico e tráxico ao mesmo tempo- estudo da violencia -e a súa directa relación coas armas de fogo- aparecen numerosas personalidades como Charlon Heston, George W. Bush e Marilyn Manson, entre outros. Gañou numerosos premios en USA ao mellor documental -entre os que destacan os prestixiosos National Board Of Review e o Chicago Filme Critics Awards-, así como o premio á mellor película estranxeira -competindo con longametraxes- nos César de la Academia Francesa de Cine.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas