Director: Michael Moore (2004)
(Rex. 3286)
Nesta ocasión, Michael Moore afronta unha cuestión que afecta aos centros do poder en Estados Unidos. "Fahrenheit 9/11" toma como punto de partida a controvertida elección de George W. Bush no ano 2000 para seguir o seu ascenso de mediocre petroleiro texano a presidente de Estados Unidos e describir as escuras relacións de negocios entre o seu pai e a familia de Osama Bin Laden, poñendo de relevo que o poder e a riqueza do inimigo número un dos estadounidenses aumentaron grazas a este vínculo. Tamén se indaga sobre o sucedido en Estados Unidos despois do 11 de setembro de 2001 e como a Administración de Bush utilizou o tráxico ataque ás Torres Xemelgas para o seu propio beneficio político. "Fahrenheit 9/11", tras máis dun ano de coidadosa investigación, foi todo un desafío para Michael Moore, decidido a descubrir toda a verdade.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario