Director: Steven Soderbergh (2008)
(Rex.: 3369)
Primeira das dúas entregas que conforman o díptico sobre Ernesto 'Che' Guevara de Steven Soderbergh. A que nos ocupa céntrase na actividade despregada polo Che (Benicio del Toro), dende que se embarca para Cuba e se oculta na selva, combatendo contra as tropas gobernamentais, ata o derrocamento do presidente ditatorial Fulgencio Batista. O conxunto queda enmarcado polo encontro no exilio en México do Che con Fidel Castro, onde se decide a marcha clandestina a Cuba, e se ve punteado ao longo da metraxe con escenas en branco e negra en torno a unha entrevista xornalística do líder revolucionario, e da súa intervención ante a Asemblea das Nacións Unidas, onde lanzará entre outras proclamas a célebre de "Patria ou morte".
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario