Director: Laurent Cantet (2008)
(Rex.: 3367)
François (François Bégaudeau) é un novo profesor de lingua francesa nun instituto difícil, situado nun barrio conflitivo. Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos. Non dubida en enfrontarse a Esmeralda, a Souleymane, a Khoumba e aos demais en estimulantes batallas verbais, coma se a lingua estivese en xogo. Pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. François -autor da novela na que se basea a película, con formato de docudrama- e os demais profesores prepáranse para enfrontarse a un novo curso. Cheos de boas intencións, desexosos de achegar a mellor educación aos seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero as culturas e as actitudes enfróntanse na aula, microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos e estimulantes que sexan os adolescentes, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor que non cobra bastante. A tremenda franqueza de François sorprende os seus alumnos, pero o seu estrito sentido da ética cambaléase cando os mozos empezan a non aceptar os seus métodos
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario