"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



INVISIBLES

Director: Mariano Barroso, Isabel Coixet, Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa, Win Wenders (2007)
(Rex. 3350)


Esta é unha historia de historias. Un achegamento a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que quedaron mudos pola indiferenza. É unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero, sobre todo, é a vontade de cinco directores por facer visibles os seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles.
As cinco historias son:
"Cartas a Nora" (Coixet), sobre as chagas, unha enfermidade infecciosa que afecta a millóns de pobres de Latinoamérica.
"Boas noites, Ouma" (León), sobre a dramática situación de miles de nenos en Uganda.
"Crimes invisibles" (Wenders), sobre a violencia sexual contra a mulleres no Congo.
"O sono de Bianca" (Barroso), sobre os problemas que hai na República Centroafricana para obter unha medicina.
"A voz das pedras" (Corcuera), sobre a situación dos desprazados en Colombia pola guerra entre o exército e a guerrilla.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas