"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



NUEVE REINAS

Director: Fabián Bielinsky (2000)
(Rex. 3352)


Marcos (Ricardo Darín) e Juan (Gastón Pauls). Dous estafadores que se coñeceron casualmente nun supermercado. A punto de ser descuberto Juan en plena "faena", Marcos bótalle un cable. Grazas e ata logo, fin da película? Non! Deciden unha asociación temporal, 24 horas de enganos. Comezan con pequenas cousas ata que, como chovido do ceo, xórdelles o "traballo" das súas vidas: a colocación duns selos falsos, pola que poderían gañar unha fortuna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas