Director: Gus Van Sant (2008)
(Rex. 3365)
(Rex. 4117)
Biografía de Harvey Milk (Sean Penn), o primeiro político abertamente homosexual elixido para un cargo público en Estados Unidos, en 1977, e que foi asasinado un ano despois. A historia comeza cando, aos corenta anos, canso de fuxir de si mesmo, Harvey deixa un posto executivo en Wall Street para saír do armario e mudarse ao barrio Castro, de San Francisco, co seu eterno compañeiro Scott Smith. Abre unha tenda de cámaras que non tarda en converterse no punto de encontro do barrio, no que os seus veciños non teñen outro lugar para reunirse nunha época particularmente ríxida. Harvey decátase de que non son poucos e empeza a falar por eles. Enfróntase a empresarios, sindicatos e políticos intolerantes. As súas vitorias son cada vez maiores. A súa valentía - recibe ameazas constantes - inspira outros a seguir os seus pasos. Na súa vida privada, empeza unha destrutiva aventura con Jack Lira, un mozo, que se agarra a el para sobrevivir. A comunidade homosexual, que se sente unida e máis forte, elíxeo para un posto público e convértese no primeiro político abertamente homosexual elixido no país.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario