Director: Jean Becker (2007)
(Rex. 3364)
Despois de darse a coñecer en París, un pintor (Daniel Auteuil) regresa ao seu pobo natal na Francia profunda para instalarse na casa onde pasou a súa infancia. Un xardín de boas proporcións rodea o edificio, pero non sabe nin lle apetece coidalo. Prefire poñer un anuncio no xornal local. O primeiro candidato, e o definitivo, é un antigo compañeiro de colexio milagrosamente reencontrado despois de tantos anos. Será o xardineiro. No seu contacto diario co xardineiro (Jean-Pierre Darroussin), o pintor descobre, mediante toques impresionistas, un home que primeiro o intriga e que remata por asombrarlo grazas á súa franqueza e á simplicidade da mirada coa que ve o mundo. A súa vida está marcada por referencias sinxelas. Unha felicidade sen espaventos. O xardineiro non coñece a amargura nin a envexa. Os seus heroes sempre son xente modesta. O seu sistema de valores ten un criterio único que, de forma consciente ou non, sérvelle para xulgar as cousas e as persoas: o sentido común...
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario