"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BIENVENIDOS AL NORTE

Director: Dany Boon (2008)
(Rex.: 3363)


Phillippe Abrams (Kad Merad) é un carteiro ao que destinan, en contra da súa vontade, a Bergues, unha pequena vila xunto á fronteira con Bélxica. Phillippe pensa que vai ser un sitio horrible, no que os seus habitantes, segundo a súa opinión, mascarán unha lingua inintelixible (de aí viría 'Ch'tis'). Cando chega alí, descobre que é un lugar idílico, con habitantes encantadores. De todos os xeitos, á súa muller, da que está distanciado, e que vive na súa localidade de orixe, asegúralle que vive nun auténtico inferno, co fin de espertar a súa compaixón. Conségueo ata o día en que ela anuncia que vai acudir a visitalo. A Abrams non lle queda máis remedio que pedirlles aos seus novos amigos e veciños que interpreten a farsa que lle contou á súa muller, e que se comporten de forma ruda...


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas