Director: Roman Polanski (1974)
(Rex.: 3362)
Os Angeles, 1937. O detective Gittes (Jack Nicholson), especializado en divorcios, recibe a visita da esposa de Mulwray, o xefe do Servizo de Augas da cidade. Ela cre que el a engana, pero ademais Gittes descobre que a Mulwray os agricultores o acusan de corrupción por negarse a construír un pantano que paliaría a seca que sofren. Pouco despois, o escándalo salta á prensa, pero a cousa complícase cando unha muller se presenta no despacho de Gittes cunha sorprendente revelación.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario