"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BANDERAS DE NUESTROS PADRES

Director: Clint Eastwood (2006)
(Rex. 3980)


É a imaxe máis indeleble da Guerra do Pacífico - un momento no tempo inmortalizado nun filme sobre cinco Marines e un sanitario da Mariña levantando a bandeira de EUA no monte Suribachi, poucos días despois de comezar a encarnizada batalla pola gornición xaponesa de Iwo Jima, unha illa deserta de praias de area volcánica e covas de xofre. Para os homes que aparecen na foto, levantar a bandeira é unha pequena formalidade no medio dunha extenuante batalla; pero para aqueles que volven á casa, a imaxe destes homes traballando xuntos en silencio para superar unhas desvastadoras adversidades dá un novo sentido á noción de heroe. Cativa un público americano famento de esperanza e cansos dunha guerra que non parece ter fin. Dá ás nais unha razón para crer que os seus fillos volverán vivos, e un sentido a aquelas que choran por uns fillos que nunca volverán. Para aproveitar a onda de sentimento que a foto inspira, os "izadores da bandeira" son sacados do combate e enviados a casa para continuar servindo ao seu país - non no campo de batalla, senón entre multitude de fervorosas masas reunidas para estar preto de "verdadeiros heroes" e estender uns talóns extremadamente necesarios para financiar o esforzo bélico. Só tres volveron vivos - John "Doc" Bradley, un sanitario da Mariña; Ira Hayes, un tímido nativo americano; e Rene Gagnon, un soldado mensaxeiro, que evitou disparar a súa arma. Os tres "izadores da bandeira" desempeñan o papel de heroe á perfección - percorrendo sen descanso o país, estreitando as mans adecuadas, dicindo as palabras correctas - mentres que o poder da súa imaxe rescata o flaqueante esforzo de guerra. Pero no seu interior senten que, ao igual que os seus amigos e irmáns caídos en combate, unha parte das súas almas nunca abandonarán as negras areas de Iwo Jima.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas