Director: Juan José Campanella (2000)
(Rex. 3979 )
Rafael (Ricardo Darín) pensa que as cousas deberían irlle mellor: dedica 24 horas ao día ao seu restaurante, está divorciado, ve moi pouco a súa filla, non ten amigos e elude comprometerse coa súa noiva. Ademais, dende hai moito tempo non visita a súa nai (Norma Aleandro), internada nun xeriátrico porque sofre o mal de Alzheimer. Unha serie de acontecementos inesperados obrígano a reformularse a súa vida. Entre eles, a intención que ten o seu pai (Héctor Alterio) de cumprir o vello sono da súa nai: casar pola Igrexa.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario