"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA DUQUESA

Director: Saul Dibb (2008)
(Rex. 4862)


Fermosa, glamurosa e adorada polo pobo. Xeorxiana (Keira Knightley) foi a muller máis fascinante da súa época, o século XVIII. Pero mentres que a súa beleza e o seu carisma lle forxou un nome na historia, o amor sempre lle escapou. Casada moi nova cun dos homes máis ricos de Inglaterra, o Duque de Devonshire (Ralph Fiennes), foi confidente íntima de ministros e a Casa Real, chegando a ser unha icona da moda, nai adorada e influente política para o partido liberal. Non obstante, no núcleo da súa historia está a busca desesperada de afecto e amor. Dende o apaixonado pero fatídico romance con Earl Gray ata o complicado triángulo amoroso co seu marido e a súa mellor amiga Lady Bless Foster (Hayley Atwell).


Ficha técnica

Trailer

Páxina web

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas