"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LAS VÍRGENES SUICIDAS

Directora: Sofia Coppola (1999)
(Rex.: 4863)



Nun barrio residencial de Estados Unidos, a mediados dos setenta, poucas cousas poden turbar a tranquila harmonía da familia Lisbon. As cinco fermosas irmás convertéronse no segredo obxecto de desexo dos rapaces, que suspiran por elas cada vez que ven as súas melenas louras ao vento. Non obstante algo fai que todo este paraíso cambie cando Cecilia, a menor das irmás, se suicide aos doce anos de idade. Como pode convivir a beleza en estado puro cunha macabra historia adolescente? Esta é a pregunta que persegue un daqueles adolescentes que, xa na súa madureza, aínda non puido borrar da mente os sucesos que aconteceron vinte anos antes.



Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas