(Rex.: 5197)
España Imperial, século XVII. Diego Alatriste (Viggo Mortensen), valoroso soldado ao servizo da súa maxestade, combate nunha guerra nas frías terras de Flandes. Nunha emboscada dos holandeses, Balboa, amigo e compañeiro de armas, cae ferido de morte. Alatriste escoita dos labios do seu amigo unha última petición e promete cumprila: coidará do seu fillo Iñigo e afastarao do oficio de soldado. O propio Alatriste, que malvive vendendo a súa espada, verase implicado nunha destas intrigas cando é contratado xunto a outro mercenario, o italiano Gualterio Malatesta, para dar morte a dous misteriosos personaxes que viaxan de incógnito a Madrid...
Ficha técnica
Trailer
Páxina web
Baseada na serie de novelas "Las aventuras del capitán Alatriste" de Arturo Pérez-Reverte
Ningún comentario:
Publicar un comentario