"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



INFILTRADOS

Director: Martin Scorsese (2006)
(Rex.: 5199)



O Departamento de Policía de Massachussets vese envolvido nunha guerra campal para derrotar a maior banda de crime organizado da cidade. A estratexia é rematar co reinado do poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson) dende dentro. A un mozo novato, Billy Costigan (Leonardo DiCaprio), criado no sur de Boston, encárgaselle infiltrarse na mafia dirixida por Costello. Mentres Billy intenta gañar a confianza de Costello, outro novo policía que tamén xurdiu das rúas do sur, Colin Sullivan (Matt Damon), sobe rapidamente de categoría dentro da policía do Estado. Colin, que gañou un bo posto na unidade de Investigacións Especiais, forma parte dun grupo de oficiais de elite cuxa misión é acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Colin traballa para Costello, e mantenlle un paso por diante da policía. Cada un remata totalmente consumido pola súa dobre vida. Pero cando os gángsters e a policía se decatan de que hai unha toupa entre eles, Billy e Colin se encontran en perigo constante de que os collan e están expostos ao inimigo, e cada un debe darse présa en desvelar a identidade do outro para salvarse a si mesmo... .


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas