"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LAS INVASIONES BÁRBARAS

Director: Denys Arcand (2003)
(Rex.: 5183)


A Rémy diagnosticáronlle unha enfermidade terminal. Burgués, intelectual e decadente, non sabe como afrontar a morte. O seu fillo, executivo que sabe moverse no mundo de hoxe en día, fixo apaños varios para que teña o mellor cuarto do hospital, practicamente feito á medida, unha suite. Mesmo moverá fíos para conseguir ilegalmente a droga que lle faga máis levadeiros as súas dores. Tamén conseguirá reunir a todos os vellos amigos do seu pai, que frisan a ancianidade, para que o acompañen nestes últimos momentos. Pero hai, no fondo, un pouso de insatisfacción, unha pose cínica que agarrota. Sen asas na relixión (as conversacións amigables cunha relixiosa enfermeira do hospital non o levan a ningunha parte), fai alarde dunha actitude sarcástica ante a vida: hai que gozala canto se poida, sen máis normas que a camaradaría. Tampouco conta demasiado a fidelidade á propia esposa, como pode verse no feito de que acompañan a Rémy as súas antigas amantes, sen que aquela chíe sequera.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas