(Rex.: 5370)
Anos 1950. Visión tráxica e dura da Castela fonda e profunda, grande e miserable a un tempo, a través dunha galería de personaxes que defende rabiosamente a súa liberdade e constitúe un retablo de crua e palpitante humanidade, cuxa mesma existencia parece determinada polos ciclos da natureza e o medio xeográfico e social no que viven. Entre todos eles, destaca Nani, un neno sen máis estudos que os que lle proporciona o medio natural no que naceu, e que vive co seu pai nunha cova, dedicados os dous á caza de ratas de auga, único medio de subsistencia que coñecen. Pero cando se lles intenta privar do seu teito e do seu medio de vida, a violencia estala incontible e a traxedia será inevitable.
Ficha técnica
Baseada no libro "Las ratas" de Miguel Delibes
Ningún comentario:
Publicar un comentario