"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ROBIN HOOD

Director: Ridley Scott ( (2010)
(Rex.: 5651)


Inglaterra, século XIII. Robin Longstride (Russell Crowe), un magnífico arqueiro ao servizo do rei Ricardo Corazón de León (Danny Huston), volve das cruzadas en terra santa saqueando poboados mentres loita contra as tropas francesas. Cando Ricardo morre baixo unha frecha francesa, Robin trasládase a Nottingham co obxectivo de cumprir unha promesa que fixo a Sir Robert Loxley (Douglas Hodge) antes de morrer: devolver unha espada ao seu pai, Sir Walter Loxley (Max Von Sydow). Alí coñece a lady Marion (Cate Blanchett), a súa viúva, unha muller con carácter. Mentres tanto, nun país debilitado por unha longa guerra, rexido por Juan (Oscar Isaac), un rei débil e pouco eficaz, contra as rebelións internas e as ameazas externas maquinadas polo pérfido Godfrey (Mark Strong), Robin e os seus homes déixanse levar cara a unha aventura maior: deciden axudar a impedir que o país caia irremediablemente nunha sanguenta guerra civil, e devolver a gloria a Inglaterra.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas