"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL DIARIO DE CARLOTA

Director: José Manuel Carrasco (2010)
(Rex.: 5639)



Carlota ten 16 anos e está namorada dun deportista chamado Oriol... pero descobre o sexo con Sergio, o xenro que todas as nais quixeran para as súas fillas. Carlota está feita unha lea, pero nin os seus pais (que se están a separar), nin as súas mellores amigas (Elisa e Mireia) poden axudala. Entre outras cousas, porque Elisa se disfraza de rapaz para poder estar preto de Lucas, do que está perdidamente namorada, e porque Mireia se propuxo seducir ao mozo Oriol, traizoando así a súa mellor amiga. Carlota ten unha vida tola: gaña un concurso de judo sen ter nin idea de artes marciais e faise probas de embarazo coa axuda dun can... En fin, cousas normais que adoitan acontecerlle a unha adolescente... Quen dixo que ter 16 anos era doado?


Ficha técnica

Trailer

Baseada na novela "El diario rojo de Carlota" de Gemma Lienas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas