"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PRECIOUS

Director: Lee Daniels (2009)
(Rex.: 5944)



Dura película que conta as tribulacións de Clareece 'Precious' Jones, unha moza e obesa negra de 17 anos, intelixente e sensible, pero que sufriu os abusos sexuais do seu pai, co que tivo un fillo e espera outro, e a violencia da súa celosa e frustrada nai. Tan sombrío panorama familiar, acentuado polo aspecto físico e a miseria, podería cambiar a mellor cando no seu instituto propoñen a Precious ingresar nunha escola alternativa, que segue un programa de atención individualizada para rapazas novas como ela, un exemplo claro de educación diferenciada.


Ficha técnica

Trailer

Páxina web

Baseada na novela "Push" de Sapphire

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas