"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ÚLTIMO REY DE ESCOCIA

Director: Kevin Macdonald (2006)
(Rex.: 7995)



Achegamento á figura do sanguinario ditador de Uganda Idi Amín (Forest Whitaker), a través dun personaxe ficticio. O doutor Nicholas Garrigan (James McAvoy) é un mozo recentemente licenciado en medicina, amante do fútbol e acérrimo partidario da independencia de Escocia, que chega a Uganda disposto a exercer a súa profesión como quen se apunta a un campamento de verán. Con mentalidade de "home branco bo", quere botar unha man cos seus coñecementos nunha misión. Pero á vez quere gozar da xente e o exotismo. A súa superficial visión do mundo vai ser posta a proba cando o presidente do país é derrocado e sucédelle Amín. De modo casual crúzase no seu camiño, e cura ao mandatario unha man lesionada. Amín, encaprichado co doutor escocés, ofrécelle converterse no seu médico persoal. E Nicholas, co seu ego inchado, accede. Durante moito tempo vai mirar a outra parte mentres as atrocidades de Amín sucédense.



Ficha técnica
Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas