(Rex.: 7996)
(Rex.: 8652)
Unha noite de outono do ano 2003, Mark Zuckerberg (Jesse Eisenberg), alumno de Harvard e xenio da programación, senta diante do seu computador e cheo de entusiasmo empeza a desenvolver unha nova idea. O que comezou na habitación dun colexio maior pronto se converteu nunha revolucionaria rede social. Seis anos e 500 millóns de amigos despois, Mark Zuckerberg é o billonario máis novo da historia. Pero a este mozo emprendedor o éxito non lle trouxo máis que complicacións persoais e legais. Narra a historia dos mozos fundadores da popular rede social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A súa lenda reza: "Non se fan 500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos."
Ficha técnica
Trailer
Guía didáctica
Baseada na novela "Multimillonarios por accidente: El nacimiento de Facebook" de Ben Mezrich
Ningún comentario:
Publicar un comentario