"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BETTY ANNE WATERS

Director: Tony Goldwyn (2010)
(Rex.: 8304)



Betty Anne Waters é un auténtico exemplo de estoicismo, solidariedade e entrega. En 2001, o seu irmán Kenny foi posto en liberdade tras pasar 18 anos no cárcere de Walpole por un asasinato que non cometera. Por aquel entón, Betty Anne, que traballaba como camareira nun bar, era unha muller de 28 anos divorciada e con dous fillos. Cando o seu irmán foi condenado a cadea perpetua, absolutamente convencida da súa inocencia, púxose a estudar dereito, terminou a carreira nun tempo récord e converteuse no seu representante legal. Tras moitas dificultades, logrou que o exculpasen grazas a unha análise de ADN que demostrou que el non fora a persoa que en 1983 asestara trinta puñaladas a Katharina Brow.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas