"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOS JUEGOS DEL HAMBRE

Director: Gary Ross (2012)
(Rex.: 8911)



O que no pasado foron os Estados Unidos, agora é unha nación chamada Panem: un impoñente Capitolio exerce un control rigoroso sobre os doce distritos que o rodean e que están illados entre si. Cada distrito vese obrigado a enviar anualmente un mozo e unha moza entre os doce e os dezaoito anos para que participen nos Hunger Games, que son transmitidos en directo pola televisión. Trátase dunha loita a matar, na que só pode haber un sobrevivente. Katniss Everdeen, unha moza de dezaseis anos, decide substituír á súa irmá nos xogos; pero para ela, que xa viu a morte de cerca, a loita pola supervivencia é a súa segunda natureza.



Ficha técnica

Trailer

Baseada na novela "Los juegos del hambre" de Suzanne Collins

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas