"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PONTE EN MI LUGAR

Director: Mark S. Waters (2003)
(Rex.: 8718)




A doutora Tess Coleman (Jamie Lee Curtis) e Anna, a súa filla de quince anos, (Lindsay Lohan) non coinciden en case nada. Os seus gustos difiren na roupa, o pelo, a música e, sobre todo, en canto aos homes. Un día as súas diferenzas alcanzan o seu maior nivel: Anna non entende por que a súa nai non apoia as súas aspiracións musicais, mentres que Tess, unha viúva a piques de casar de novo, pregúntase por que a súa filla non é máis amable co seu prometido (Mark Harmon). Pero, inesperadamente, un xoves, dúas galletiñas chinesas da Fortuna provocan un gran cambio nas súas vidas. Á mañá seguinte, Tess e Anna atópanse cos seus corpos intercambiados. Aos poucos, empezan a comprender o punto de vista da outra, pero tamén teñen que atopar o xeito máis rápido de volver ao seu propio ser porque a voda de Tess celébrase ese mesmo sábado.



Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas