"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



11 DE SEPTIEMBRE

Director: Samira Makhmalbaf, Claude Lelouch, Youssef Chahine, Danis Tanovic, Idrisa Uedraogo, Ken Loach, Alejandro González Iñárritu, Amos Gitaï, Mira Nair, Sean Penn, Shohei Imamura (2002)
(Rex.: 10210)




Once directores, once historias, once puntos de vista sobre o atentado contra as Torres Xemelgas e o Pentágono o 11 de setembro do 2001, un suceso que cambiou a historia do século XXI:
Samira Makhmalbaf (Irán): unha mestra intenta explicar a uns nenos o atentado das Torres Xemelgas, pero os nenos non poñen moita atención porque lles interesa máis un accidente con vítimas acontecido no seu propio pobo.
Claude Lelouch (Francia): en Nova York, mentres acontece a traxedia, unha xordomuda escribe á súa parella unha mensaxe de ruptura.
Youssef Chahine (Exipto): o director conversa cun soldado norteamericano sobre o sentido do atentado e as súas causas. 
Danis Tanovic (Bosnia-Herzegovina): mulleres que perderon os seus familiares no masacre de Srebrenica desfilan na praza da cidade, a pesar de que acaban de decatarse da traxedia das Torres.
Idrisa Uedraogo (Burkina Faso): uns nenos cren recoñecer a Osama Ben Laden no seu poboado e dispóñense a capturalo para cobrar a recompensa millonaria que ofrece o goberno americano. Con ese diñeiro pensan curar a xente.
Ken Loach (Inglaterra): un chileno, afincado en Londres, escribe unha carta aos familiares das vítimas do 11 de Setembro, na que lles fala da traxedia do seu pobo, despois do derrocamento de Allende, tamén un 11 de setembro, e a conseguinte instauración dunha ditadura militar.
Alejandro González Iñárritu (México): ante unha pantalla case sempre en negro, escóitase o documento sonoro da traxedia. Ao final, unha frase: " A luz de Deus guíanos ou céganos?
Amos Gitaï (Israel): plano secuencia que relata un atentado terrorista en Xerusalén, simultánea ao das torres xemelgas, polo que a cobertura dos xornalistas non é retransmitida.
Mira Nair (India): relato sobre o rexeitamento que sofren os musulmáns en Estados Unidos despois da traxedia. Unha muller musulmá, que non encontra o seu fillo, pensa que o terá levado a policía con motivo do ataque terrorista.
Sexan Penn (Estados Unidos): un home viúvo levántase pola mañá no seu pequeno apartamento, queixándose de que non entre luz abondo polas ventás.
Shohei Imamura (Xapón): un soldado xaponés, despois da Segunda Guerra Mundial, volve ao seu pobo crendo que é unha serpe e actuando como tal. Ao final, unha frase: "Non existe guerra santa".


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas