"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



AMERICAN SPLENDOR

Director: Robert Pulcini, Shari Springer Berman (1942)
(Rex.: 10213)




Harvey traballa nun hospital de Cleveland. A súa única vía de escape fronte á rutina diaria é discutir sobre todo o divino e o humano cos seus compañeiros de traballo. Casualmente coñece a Robert Crumb, un deseñador de postais amante da música que, anos despois se fai famoso grazas aos seus cómics underground. A idea de que o cómic é unha forma de arte para adultos leva a Harvey a facer unha tira cómica, "American Splendor, que é un retrato irónico do estilo de vida da clase obreira americana. Publicado por primeira vez en 1976, o cómic "American Splendor" converteu a Harvey nun autor de culto durante os anos 80.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Baseada no cómic "American splendor" de Robert Crumb

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas