"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



HARRY POTTER Y LAS RELIQUIAS DE LA MUERTE (I)

Director: David Yates (2010)
(Rex.: 10782)




Primeira parte da adaptación ao cinema do último libro da saga Harry Potter. É unha continuación da historia recollida en "O misterio do príncipe". Unha misión case imposible cae sobre os ombreiros de Harry: deberá atopar e destruír aos últimos horrocruxes para poñer fin ao reinado de Lord Voldemort. No episodio final da saga, o mozo feiticeiro de 17 anos emprende cos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley unha perigosa viaxe por Inglaterra para atopar os obxectos que conteñen os fragmentos da alma do Señor Tenebroso, que son os que garanten a súa lonxevidade. Pero a tarefa non será fácil, pois o poder ao lado escuro crece cada vez máis, e as máis firmes lealdades serán postas a proba. Harry deberá usar todos os coñecementos que adquiriu grazas a Dumbledore para enfrontarse ao seu inimigo e atopar a forma de sobrevivir a esta última aventura.


Ficha técnica

Trailer

Web oficial

Baseada no libro "Harry Potter y las reliquias de la muerte" de J.K. Rowling

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas