"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



HARRY POTTER Y LAS RELIQUIAS DE LA MUERTE (II)

Director: David Yates (2011)

(Rex.: 10783)


O final chegou. Harry, Hermione e Ron terán que recuperar a espada de Gryffindor para atopar e destruír os últimos horrocruxes. Mentres tanto, Lord Voldemort está a piques de apoderarse por completo de Hogwarts e de conseguir o seu obxectivo: matar a Harry Potter. A única esperanza de Harry é atopar os horrocruxes antes de que Voldemort o atope a el. Buscando pistas, descobre unha antiga e esquecida historia: a lenda das reliquias da morte, que podería dar ao malvado Lord o poder definitivo. Pero o futuro de Harry está escrito desde que naceu e inclúe unha misión para a que se estivo preparando desde que chegou a Hogwarts: a batalla final contra Voldemort.

Ficha técnica

Trailer

Web oficial

Baseada no libro "Harry Potter y las reliquias de la muerte" de J.K. Rowling

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas