Director: Stuart Guillard (2008)
Rex.: 13271
O hacker adolescente Will Farmer (Matt Lander ) comeza un perigoso xogo on-line cun simulador de ataques terroristas contra un supercomputador do goberno denominado Ripley (R.I.P.L.E.E.). Este computador de última xeración está deseñado para localizar terroristas potenciais. Por iso a NSA (Axencia de Seguridade Nacional) crerá que o mozo é unha auténtica ameaza para o mundo. Will non é consciente de que este excitante xogo faralle vivir un auténtico pesadelo: a súa identidade quedará ao descuberto, a súa familia e os seus amigos en perigo, e a súa cidade no punto de mira dunha intervención militar automatizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario