Director: Martyn Burke (1999)
Rex.: 13290
Silicon Valley é unha rexión de California onde se asentan, desde a década dos oitenta, moitas das novas empresas relacionadas coa informática e as novas tecnoloxías. "Pirates of Silicon Valley" relata, cos nomes reais, os principios das empresas Apple e Microsoft a través dos seus fundadores: Steve Jobs e Steve Wozniak por parte de Apple, e Bill Gates e Paul Allen como fundadores de Microsoft. Este entretido telefilm mostra os comezos destes mozos con enorme talento pero non precisamente bo carácter. Ademais, a historia de ficción tivo certa polémica na súa estrea, pois afirma claramente que Gates e Allen (de Microsoft) copiaron de Macintosh para o seu sistema operativo Windows.
Ningún comentario:
Publicar un comentario