"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ASTÉRIX Y LOS VIKINGOS

Director: Stefan Fjeldmark (2006)
(Rex. 1834)

A pequena aldea gala vai recibir a Gudúrix, o sobriño do xefe, que encomendou a Astérix e Obélix a misión de convertelo nun home feito e dereito. Pero, a pesar dos seus aires de superioridade, este adolescente de Lutecia non é máis que un covarde consumado, e o adestramento de choque ao que o someterán non parece que vaia cambiar moito as cousas. Mentres, os viquingos desembarcan na Galia dispostos a atopar un "campión do medo" que, tal e como lles prometeu o seu mago, sexa capaz de ensinalos a voar, xa que, segundo el, "o medo dá ás". Cando os viquingos raptan a Gudúrix desátase a catástrofe. Astérix e Obélix deberán facer o imposible por atopalo. Mentres se lanzan cara ao Grande Norte en busca do seu novo protexido, este, que se viu implicado contra a súa vontade nun infame complot, coñece á bela e intrépida Abba e decátase de que o amor pode ter o mesmo efecto que un puñazo.


Ficha técnica


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas