"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ÁGORA DE ALEJANDRÍA

Ano 2002
(Rex.: 4640, 4643, 4644, 4645)



DVD 1: A Sétima Marabilla do Mundo.
O faro de Alexandría era unha das sete marabillas do mundo antigo. Agora permanece mergullado na baía desta cidade exipcia. En 1995, un equipo encabezado por Jean-Yves Empereur, partiu para explorala. Os seus descubrimentos superaron todas as expectativas. O equipo foi capaz de situar o lugar e recuperou moitos bloques e estatuas do faro, incluíndo unha extraordinaria esfinxe. Usando imaxes xeradas por ordenador, fíxose unha fiel descrición do monumento.
DVD 2: A Cidade dos Mortos.
O arqueólogo Jean-Yves Empereur descóbrenos neste programa a lendaria Cidade dos Mortos, a Necrópole de Alexandría, deseñada polos arquitectos de Alejandro Magno no século III a. C. A Necrópole é unha cidade enteira feita de tumbas. Entre os seus muros escavaron en cuartos cegadores, descubriron pinturas de 21 séculos de antigüidade e centos de esqueletos. Os arqueólogos puideron explicar a historia completa da vida social e os rituais da antiga cidade grega de Alexandría.
DVD 3: Os Destinos de Alexandría.
Este episodio da saga exipcia de Alexandría explora os últimos achados na mítica cidade de Alexandría. Veremos a reconstrución da cidade en épocas de Cleopatra grazas á tecnoloxía 3 D. Contemplaremos novos descubrimentos baixo as augas da baía de Alexandría, a colosal estatua encontrada recentemente e outros achados recobrados de escavacións dentro do perímetro da cidade amurallada (a vía Canópica, depósitos de auga subterráneos, o Cesareo e a afamada necrópole real) completan a cara esquecida da cidade. Acompañaranos o arqueólogo francés Jean-Yves Empereur quen reconstrúe gradualmente as pezas do crebacabezas de Alexandría.
DVD 4: A Biblioteca de Alexandría 1998.
Durante unso 600 anos, foi a depositaria da sabedoría da humanidade, lugar de reunión de eruditos de todas as disciplinas e culturas. Pero un desastroso incendio no terceiro século antes de Cristo privou á humanidade das súas riquezas, deixándonos coa pregunta de que segredos se converteron en fume coa Biblioteca de Alexandría. Dende a súa fundación por Ptolomeo I ata a súa destrución.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas